A Romaría do Bispo Santo, en Foz, celébrase do 12 ao 14 de maio. O Concello organiza de novo a campaña "Eu coido o Santo".

O Concello de Foz organiza de novo este novo a campaña denominada Eu coido o Santo, iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar aos asistentes á romaría do Bispo Santo sobre a necesidade de deixar limpo o lugar onde se celebra este festexo.

“Reeditamos, despois do éxito do ano pasado, esta campaña que con motivo da celebración da romaría do Bispo Santo, do 12 ao 14 de maio, o Concello de Foz pon en marcha co obxectivo de sensibilizar aos asistentes a este festexo sobre a necesidade de deixar limpos os lugares onde acampen. Entre os participantes nesta iniciativa sortearase unha cea para un máximo de 20 persoas”, anunciaron dende o Concello focense.

Os participantes nesta iniciativa deberán colgar fotografías nas redes sociais nas que ten presenza o Concello de Foz  (facebook, twitter e instagram) do antes e despois do seu campamento para ver como queda todo recollido, xunto cos datos da peña ou do seu responsable. O prazo rematará o día 16 deste mes.