San Cibrao acolle as XII Xornadas de Construción Naval en Madeira este sábado, 11 de novembro

O auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo) acollerá o sábado 11 de novembro as XII Xornadas de Construción Naval en Madeira, tituladas "Un mar de madeira: singraduras pendentes", que organiza a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), que conta coa colaboración do Concello de Cervo.

As actividades desenvolveranse a partir das 10:00 horas, co acto de inauguración a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez; a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e o presidente de Agalcari, Ramón Collazo Mosquera. E a xornada será clausurada ás 14:00 horas pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.