San Ciprián será escenario da I Carreira Popular Sanci 5Km o 30 de agosto. É posible inscribirse ata o día 27.

Cervo será o escenario da I Carreira Popular Sanci KM, o mércores 30 de setembro, a partir das 19:00 horas e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola presidenta do Club Maderas Barcia Cervo, Patricia Calvo, e  por unha representación das bases de esta entidade deportiva, que organiza o evento coa colaboración da Administración local. 

Tal e como explicaron desde a organización, a inscrición permanecerá aberta ata o próximo 27 de agosto a través da ligazón  https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/evento/2590/, e ademais da carreira de adultos, tamén establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas, desde a categoría Pitufos Sub 8 ata Cadetes.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en todas as categorías, obsequios para os mellores clasificados locais, e os 150 primeiros inscritos na carreira de adultos recibirán unha camiseta técnica conmemorativa.