Santa Cilla (Foz) celebra a súa oitava Festa dos Callos este sábado, 13 de xaneiro

A parroquia focega de Santa Cilla celebrará a oitava edición da súa Festa dos Callos este sábado, 13 de xaneiro, a partir das 21:00 horas no local social, con calefacción. Está organizada pola Asociación Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Foz.

Haberá cea con empanada, callos, sobremesa, bebidas (viño, gasosa e auga), pan e café. O prezo por persoa é de 25 euros, pero para os nenos e nenas de ata 12 anos é gratis. 

O baile estará amenizado por DJ Disco SLS.

As prazas son limitadas e poden facerse as reservas a través dos teléfonos 670.50.91.69 (Pepe), 622.41.04.90 (Pacucho) ou 661.70.24.06 (Ánxel Paleo)