Sesión de contos para público familiar o 11 de abril no parque de San Francisco, en Ribadeo, con Velaísca.

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este fin de semana unha sesión de contos para o público infantil. A actuación terá lugar este domingo, 11 de abril, ás 17:30 horas, no Parque de San Francisco ou no Teatro se houbese mal tempo.

Dende as montañas máis profundas do Courel chegan as marabillosas lendas de Antía e André, que contarán como é a vida na montaña e que ilustres os acompañan o seu día a día. Da súa man, o público mergullarase en fermosas historias e cancións para que os nenos e nenas descubran as incribles andanzas.

Velaísca presenta este espectáculo para público familiar dunha hora de duración.