A sexta Romaxe Viquinga de O Vicedo inclúe catro actuacións musicais os días 28 e 29 de xullo.

A festa da Romaxe Viquinga de O Vicedo presenta na súa sexta edición, entre outras actividades, catro concertos durante os días 28 e 29 de xullo. A cabeza de cartel será o grupo Aileach, chegado directamente dende Irlanda. O cuarteto actuará ás 19 horas o sábado 29.

Esa mesma xornada o evento contará tamén coa actuación de Covagueira ás 21 horas, unha banda galega de folk que xurdiu no 2015 e con Queiman Folki ás 23 horas, que se autodefinen como moito máis que unha actuación musical. Insisten en que son espectáculo, teatro, música e baile que contan unha historia. 

Antes, o venres 28 está prevista unha importante cita musical co grupo O son de sor, dende 1990 difundindo a música tradicional galega. Esta actuación terá lugar ás 21 horas.