Teatro Circo actúa en Viveiro o 30 de decembro. O espectáculo "Ghop" está cheo de maxia, monicreques e baile.

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o vindeiro mércores, 30 de decembro, Ghop de Teatro Circo. A actuación dará comezo ás 12:00 horas.

Trátase dun espectáculo de teatro de rúa, incluído na programación de Nadal 2020 da Deputación Provincial, cheo de maxia, monicreques e baile coa colaboración do público.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 56 01 62 ou en rbg.cultura@viveiro.es. A entrada é de balde.