A Uned de Viveiro mantén abertos os prazos de matrícula para os estudos de grado e o acceso para maiores de 25 anos, entre outros.

A UNED de Viveiro mantén aberto o prazo de matrícula do curso 2017/2018 para os estudos de Grado e para o curso de acceso para maiores de 25 a 45 anos, ata o 20 de outubro.

A UNED senior, dirixida a maiores de 55 anos, abriu o prazo de matrícula para a asignatura Patrimonio Económico da Mariña lucense. Este prazo remata o día 25 de outubro.

As persoas interesadas poden obter máis información na Secretaría da UNED en Viveiro, nos claustros da Igrexa de San Francisco. Tamén a través dos números de teléfono 982 563 601 e  660 232 712, e na páxina da UNED www.uned.es