A V Carreira Ao Son do Masma celébrase en Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, o 12 de novembro

O domingo 12 de novembro celebrarase a derradeira carreira do Circuíto +KmsBarreiros 2023: a quinta edición da proba Ao Son do Masma, na parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos, que é a carreira máis rápida do circuíto. Son 5,6 quilómetros de asfalto na categoría absoluta, que decidirá os campións e campioas do Circuíto nas distintas categorías. Tamén haberá unha andaina, que será desde as 10:30 horas, mentres que a carreira dos menores empezará ás 11:00 e a absoluta comezará ás 12:00 do mediodía.

Está organizada polo Concello de Barreiros e o Colectivo Cultural Ollomao. E as inscricións fanse a través da web www.maiskmsbarreiros.gal.