Viveiro acolle a I Regata Portos Deportivos este verán, que se celebrará do 17 ao 24 de xullo.

O Concello de Viveiro anuncia que o municipio será a sede da I Regata de Puertos Deportivos, entre Marina Coruña e Marina Viveiro, que terá lugar entre os días 17 e 24 de xullo deste ano. A iniciativa está organizada pola Concellería de Turismo de Viveiro, tras manter diversas reunións e xestións con Marina Coruña e Marina Viveiro. 

Ambas Marinas están actualmente dirixidas por Roberto Bermúdez de Castro (Chuny), o regatista galego e icona na vela internacional tras gañar a volta ao mundo en 2015. O obxectivo das Marinas é potenciar o deporte náutico e poñer en valor o enorme potencial das augas galegas para este tipo de actividade.

No caso da contorna de Viveiro, os acantilados da serra da Capelada, os segundos máis altos de Europa, ofrecen unha paisaxe inédita para navegar. 

Esta I Regata de Puertos Deportivos será ademáis de ambiente familiar, promovendo entre os participantes e toda a sociedade galega a cidade de A Coruña e Viveiro. 

Aínda que están pendentes de concretar os detalles, a Regata percorrerá 50 millas de navegación coa flota do tipo IMS galega. Un circuito de ida e volta entre os portos da Marina Coruñesa e Marina Viveiro, coa ida programada para o 17 de xullo e a volta para o 24 do mesmo mes. 

Os participantes pasarán en Viveiro unha semana, durante a que terán a oportunidade de gozar dos recursos turísticos do municipio e das actividades que se desenvolverán con motivo do evento.

Dende o Concello de Viveiro recálcase que o municipio conta coas condicións e instalacións para o evento, polo que é unha oportunidade para que a vela galega coñeza o seu máximo esplendor. Ademais, o evento constitúe unha ocasión para fomentar o deporte náutico e o desenvolvemento das relacións sociais baseadas no deporte e o traballo en equipo. 

O goberno local recalca ademáis que este tipo de eventos deportivos permiten mostrar a costa e a cultura locais, moi vinculadas ao mar. 

Para o Concello de Viveiro é unha oportunidade de dar a coñecer ao visitante as múltiples opcións que o municipio ofrece, divulgando os seus recursos entre un tipo de turismo moi concreto, o vinculado ao mundo do mar, cada vez máis en auxe.