A Xira Laranxa 2017, que se iniciou en Xove, prolongarase ata finais de maio. Pasará por Ribadeo, Muras, Foz, O Vicedo, Mondoñedo, Covas e Burela.

O Pescados Rubén Burela FS iniciou onte a Xira Laranxa 2017 ‘Descubre o Fútbol Sala’ polo centros de ensino da Mariña no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, co fin de promover a práctica deportiva en igualdade do fútbol sala entre a xuventude de dentro e fóra da bisbarra. 

Representado por Lara Balseiro e José Carlos, xunto ao técnico de Primeira LNFS Tomás de Dios e o preparador físico Alfonso Mera, o club burelista deu a coñecer algunhas das súa singularidades a través dunha proxección audiovisual e compartiu experiencias e pista co alumnado de 5º Primaria.

A Xira Laranxa 2017, que se prolongará ata finais de maio, tamén terá paradas en Ribadeo, Muras, Foz, O Vicedo, Mondoñedo, Covas e Burela.