Xunqueira, en Viveiro, celebra as festas da Nosa Señora de Valdeflores do 8 ao 10 de setembro.

As festas de Xunqueira (Viveiro), na honra da Nosa Señora de Valdeflores, celebraranse na fin de semana do venres día 8 ao domingo 10 de setembro. Foron presentadas pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o segundo tenente de alcaldesa, Jesús Fernández Fernández; e Jacobo Otero, membro da comisión de festas. 

O venres 8 haberá verbena coas actuacións de Verónica Cambon e Disco Móbil Conxuto. O sábado 9 celebrarase misa solemne ás 12:00 horas e continuación terá lugar a procesión coa Banda Naval e sesión vermú co grupo Zona Zero. A partir das 17:00 horas haberá toro mecánico e festa da espuma. Rematará a xornada coa verbena amenizada polo Trío Zafiro e o grupo Zona Zero. E o domingo 10 a partir das 13:30 celebrarase a Festa dos Calles e sesión vermú co dúo Estrellas.