O 18 de marzo dará comezo unha nova edición do curso de arreglos florais que organiza en Burela a Sociedade Cultural Ledicia.

O 18 de marzo dará comezo unha nova edición do curso de arreglos florais que organiza en Burela a Sociedade Cultural Ledicia.
 
A Sociedade Cultural Ledicia organizará a partir do vindeiro mércores, 18 de marzo, unha nova edición do curso de arreglos florais que se alongará ate o 29 de abril. O horario será de 8 da tarde a 10 da noite, e será impartido no local social de Ledicia; cun custe mensual de 20 euros para soci@s e 25 euros para non soci@s, con material de traballo incluido.
O monitor da actividade será Fernando Quelle (Floristería Alecrín) e está aberto á participación de toda persoa interesada.
Se ben estaba previsto que comezase no día de onte, un imprevisto do monitor fixo necesario retrasar ese inicio polo que se algunha persoa quere incorporarse ó grupo ainda está a tempo.Teléfono de información 616 99 50 97 ou na propia floristería.