O 18 de xaneiro arrinca en Ribadeo o ciclo de cine Proxecto-R, que organiza Doce do Patíbulo en colaboración co Concello. As películas proxectaranse en versión orixinal subtitulada.

O 18 de xaneiro arrinca en Ribadeo o ciclo de cine Proxecto-R, que organiza Doce do Patíbulo en colaboración co Concello. As películas proxectaranse en versión orixinal subtitulada.
 
O colectivo ribadense Doce do Patíbulo organiza, coa colaboración do Concello, o ciclo de cine Proxecto-R, que se desenvolverá no Cine Teatro ao longo de todo o ano 2017. Cada mes haberá unha proxección dunha película de temática diversa, que se verá en versión orixinal subtitulada, e ao remate terá lugar un foro de debate. A entrada será libre e gratuíta.
 
Na presentación deste ciclo de cine, que tivo lugar este mediodía, un dos organizadores Ángel Sanz, lembrou que “es una continuación de otra colaboración que se hizo sobre un ciclo de cine de terror bajo el nombre de Ollo de Vidro, un colectivo presentado por Héctor, Seivane y Reigosa que continúan en este proyecto que ahora se llama Proxecto-R, Proxecto Ribadeo”.
 
Sanz explicou que “va a ser un ciclo de cine de doce meses, durante todo el año 2017. Elegimos doce temáticas o doce géneros diferentes de cine, uno para cada mes. La idea inicial era que hubiese también cartelismo, liar a los artistas para que cada mes uno de ellos eligiese e hiciese un cartel sobre la temática, la película o las dos películas que se van a emitir cada mes”.
 
Ángel Sanz detallou que “este primer mes vamos a empezar con ciencia-ficción, me tocó a mí hacer el cartel, e hice mi visión sobre 2001: Odisea en el espacio, que es la película que vamos a emitir en el Cine Teatro el 18 de enero a las 21:00 horas. Este ciclo tiene su continuación en locales más pequeños. Esto no está todavía perfectamente definido porque va a ser una cosa itinerante y hay varios bares y locales que colaborarán, y ahí intentamos que todas las películas, sin competir con el circuito comercial, sean clásicos y películas que no se ven habitualmente. Por ello elegimos también los miércoles en el Cine Teatro para no hacer ninguna competencia a las salas de cine”.
 
O artista ribadense subliñou que “en la programación del Cine Teatro es en la que más colabora el Ayuntamiento cediéndonos el cine y apoyándonos, y en enero tendremos el género ciencia-ficción con la primera película 2001: Odisea en el espacio, de Stanley Kubrick, un clásico. Para febrero decidimos que fuese cine de animación, se encarga Héctor de hacer el cartelismo, la película que se va a proyectar será Fantastic Mr Fox y será el 8 de febrero también a las 21:00 horas. Para el tercer mes, completando el trimestre, hacemos una revisión del western Bone Tomahawk”.
 
Ángel Sanz manifestou que “todos los artistas tienen una idea de qué temática les ha tocado, y ya se irán preparando los carteles con los que contamos hacer después una exposición de doce carteles o más. Todas las películas se van a emitir en versión original subtitulada. Esperamos que vengáis a vernos, tenemos un ambiente bueno en el Cine, queremos hacer como un pequeño cine-club alargándolo un poco en el tiempo, que dure todo este año, y que tenga bastante éxito”. A entrada a estas proxeccións será libre e gratuíta. Toda a información sobre este ciclo pode atoparse na páxina de facebook Proxecto-R. 
 
Pola súa banda o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, asegurou que “este Proxecto-R, Proxecto Ribadeo, vai dar moito de si porque hai xente nova de espírito, con máis oi menos anos, que quere relanzar a actividade, e en concreto o mundo do cine e o debate posterior. Van ser proxeccións en versión orixinal subtitulada, co cal tamén é unha boa ocasión para practicar outras linguas, pero o máis bonito de todo ademais de ver moi bo cine, cine clásico, podermos falar despois entre todos, e comentar as películas e debater, crear un pequeno foro de debate”.
 
Graña subliñou que “para esta Concellaría de Cultura e o Concello de Ribadeo é un pracer colaborar para que se creen foros de debate. Tiñamos intención de facer algunha cousa ao respecto, pero que mellor maneira de deixar que a propia sociedade saque adiante as súas propostas e colaborar tecnicamente en todo o que sexa posible”.
 
O edil nacionalista quixo “felicitar ás persoas que forman parte deste Proxecto-R porque entre todos poderemos sacar adiante a actividade. Os parabéns pola iniciativa”. E animou “a todo o mundo, mozos e mozas, homes e mulleres que sexan amantes do cine a que se acheguen ao Cine Teatro e a calquera outro local onde se poidan proxectar estes filmes, e despois da película mesmo poderemos aproveitar e falar todo o que faga falta porque os foros de debate sempre están moi ben”.