O Concello de Burela conmemora o día internacional do libro infantil cunha mostra que se pode visitar ata finais de abril na Biblioteca Pública da localidade.

O Concello de Burela conmemora o día internacional do libro infantil cunha mostra que se pode visitar ata finais de abril na Biblioteca Pública da localidade.
 
Ata finais de mes pódese visitar na Biblioteca Pública de Burela unha pequena mostra bibliográfica “para promocionar os libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Na mesma poderán disfrutar dos títulos máis representativos do ano 2014, para nen@s e rapaces”, segundo explica a concelleira de Educación, Mónica Pedre.
A edil popular manifestou que “o pasado 2 de abril conmemorouse, tal e como se fai desde o ano 1967, o nacemento de Hans Chistian Andersen. A IBBY declarou esa data coma o Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. E deste Burela queremos sumarnos a esa celebración con esta exposición que se pode visitar na nosa Biblioteca Pública”. 
A mostra poderá visitarse en horario de luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas ata finais do presente mes de abril.
Pedre subliña: “non esquezamos que as mellores viaxes se fan, desde ben pequeniños, a través da lectura”.