O Concello de Ourol organiza unha ludoteca de verán do 1 de xullo ao 12 de agosto para rapaces con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

O Concello de Ourol organiza unha ludoteca de verán do 1 de xullo ao 12 de agosto para rapaces con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.
 
O Concello de Ourol a través do departamento de Servizos Sociais organiza unha ludoteca de verán.
 
Comezará o 1 de xullo e rematará o 12 de agosto en horario de 10:30 horas a 13:30 horas de luns a venres. Terá lugar en distintas dependencias do Concello como a piscina, o pavillón, o multiusos ou espazos naturais.
 
Os destinatarios son rapaces e rapazas empadroados no Concello de Ourol de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. As prazas serán cubertas por orde de inscrición e a solicitude de praza poderá realizarse polo período completo, por semanas ou por días concretos establecidos no momento de realizar a matrícula. O prazo para anotarse é ata o 23 de xuño no Departamento de Servizos Sociais do Concello no que se pode pedir máis información, no teléfono 982 559 109.
 
As actividades serán deportivas, contacontos, horta ecolóxica, obradoiros artesanais, karaoke, cociña creativa, sendeirismo, xogos acuáticos na piscina, un día de acampada nocturna e un día de excursión ao parque acuático de Cerceda. Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e o Fondo Social Europeo.