O Entroido de San Román, en Cervo, repartirá 1.500 euros en premios este sábado, 21 de febreiro. Os actos inclúen desfile, concurso e baile coa Orquestra Palladium.

O Entroido de San Román, en Cervo, repartirá 1.500 euros en premios este sábado, 21 de febreiro. Os actos inclúen desfile, concurso e baile coa Orquestra Palladium.
 
A Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e o Concello de Cervo presentaron hoxe o cartel e o programa do Entroido de San Román que terá lugar este sábado. No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, a de Cultura, Begoña Alonso, a presidenta das Espalladoras, Inés Cobas e a tesoureira, Raquel Ferreira, entidade que organiza os eventos e coa que colabora o Concello así como a Asociación de Montes de San Román e a Fundación Alcoa.
En canto ás actividades, comezarán ás 22:30 horas no pavillón da parroquia co desfile de disfraces e o concurso, no que se repartirán ata 1.500 euros en premios repartidos nas categorías individual, parellas, grupos, comparsas (máis de 10 persoas) e charangas (con instrumentos musicais), e divididos á súa vez en infantís e adultos. Ao remate será o momento do baile de Entroido amenizado pola Orquestra Palladium.  
A edil de Xuventude asegura que “o Entroido de San Román ten moita tradición e todos os anos atrae a numeroso público”. Ademais, “é unha oportunidade excepcional para seguir gozando do ambiente festivo do Entroido”, polo que convida a veciños e visitantes a participar.