O programa de Nadal 2014 de Burela inclúe teatro e cine para os máis pequenos e música para adultos e nen@s.

O programa de Nadal 2014 de Burela inclúe teatro e cine para os máis pequenos e música para adultos e nen@s.

 

O programa de Nadal, organizado polo Concello, a Acia local e Ledicia, inclúe teatro e cine para @s nen@s e música para nen@s e adult@s. Foi presentado esta tarde no Concello polo alcalde,José María González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e por representantes da Acia local e de Ledicia. Entre os actos previstos destacan o concerto da Escola Municipal de Música o vindeiro xoves, 18 de decembro; o concerto didáctico con Uxía o día 19; o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica de Burela, que será o 20 de decembro; ou a presentación da Xove Orquestra Municipal de Burela, previstas para o día 21.

A programación de Nadal inclúe cine infantil os días 29 de decembro e 2 e 7 de xaneiro e varios espectáculos para os máis pequenos da casa, ademais da cabalgata de Reis. E na Casa da Cultura acollerá dúas exposición: unha coas postais deste Nadal 2014, que se poderá visitar ata o 23 de xaneiro; e do 1 ao 16 tamén de xaneiro haberá unha exposición de bisutería de Silvia Viary. Mónica Pedre destacou "a colaboración existente entre o Concello, Ledicia e a asociación de comerciantes para organizar as actividades das que poderán gozar ao longo das vindeiras semanas os veciños e veciñas de Burela e os que visiten a vila".