O público familiar poderá gozar o 28 de febreiro en Ribadeo do espectáculo "Xoga", a cargo de Cía.Entremans.

O público familiar poderá gozar o 28 de febreiro en Ribadeo do espectáculo "Xoga", a cargo de Cía.Entremans.
 
Este domingo, 28 de febreiro, o Auditorio Municipal Hernán Naval acollerá o espectáculo "Xoga", da compañía Cía.Entremans. “Unha oportunidade para descubrir como eres e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe desde a imaxinación ao coñecemento”, explican.
 
Aqueles e aquelas que necesiten sentir o ritmo teñen unha oportunidade única. O espectáculo comezará ás 17:30 horas con entrada única a 3 euros.