O Teatro de Ribadeo acollerá unha charla sobre intelixencia emocional a cargo dos ribadenses Juan Luis Amor e Guillermo Amor o 7 de xaneiro. A entrada é libre e gratuíta.

O Teatro de Ribadeo acollerá unha charla sobre intelixencia emocional a cargo dos ribadenses Juan Luis Amor e Guillermo Amor o 7 de xaneiro. A entrada é libre e gratuíta.
 
O Teatro de Ribadeo acollerá unha charla sobre intelixencia emocional e motivación persoal a cargo dos ribadenses Juan Luis Amor e Guillermo Amor, pai e fillo que levan unha década impartindo conferencias e cursos sobre estes temas por moitos lugares de España dentro da iniciativa chamada Creer es Crear. Será o día 7 de xaneiro, sábado, ás 17 horas con entrada gratuíta e libre ata completar o aforo.
 
Neste acto, para o que contan coa colaboración do Concello de Ribadeo, explicarán aos asistentes como “aprender a crear e experimentar a vida que desexan” e a “cambiar a mente mediante a intelixencia emocional, a introspección e o mindfulness”.
 
Os relatores comentan que o obxectivo das charlas como a que haberá o 7 de xaneiro no Teatro de Ribadeo é “axudar a crer nun mesmo para crear a vida que desexas. Axudamos á xente a entender as súas propias emocións e as dos demais, a xerar confianza en si mesmos e a ver os problemas como oportunidades de aprendizaxe. Todo parte dunha boa xestión emocional e de saber recoñecer os nosos talentos naturais para aproveitalos e crear a vida que queremos de maneira consciente”.