Os Sendeiros de Foz participarán no Encontro Astur-Galaico, que terá lugar o 25 de outubro en Vegadeo. A inscrición estará aberta ata o día 16. O evento está organizado polo grupo Pandela.

Os Sendeiros de Foz participarán no Encontro Astur-Galaico, que terá lugar o 25 de outubro en Vegadeo. A inscrición estará aberta ata o día 16. O evento está organizado polo grupo Pandela.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz vai estar presente o próximo 25 de outubro o Encontro Astur-Galaico, que organizan en Vegadeo os membros do grupo Pandela. O colectivo chama á participación do máximo número de xente posible nas dúas rutas propostas, unha de nove quilómetros e outra de 17, de dificultade media. O xantar será no recinto feiral organizado polo grupo anfitrión. O prezo é de 15 euros e inclúe a comida.
 
A saída está prevista para o domingo 25 outubro as 8:30 horas, do Concello.
O derradeiro día para anotarse é o 16 de outubro nos teléfonos 696236020 (Luciano) ou 670369017 (Morís). Tamén é posible anotarse no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.