Sábado de retratos no Cenima, en Foz. Será o 16 de abril a partir das doce do mediodía e está dirixido a nenas e nenos de todas as idades.

Sábado de retratos no Cenima, en Foz. Será o 16 de abril a partir das doce do mediodía e está dirixido a nenas e nenos de todas as idades.
 
Este sábado, 16 de abril, ás doce da mañá diante do Cenima, a asociación Ta en Artes, propón dous obradoiros de plástica en torno ao retrato para nenas e nenos de todas idades. “Cativario” levado por Paz Quiroga e “Menudos retratos” por Rosa López.  
 
Ademáis realizará unha acción plástica cos mais maiores sobre o seu lema ”Queremos arte”.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas en asistir, segundo informa Librería Bahía, deben inscribirse previamente no enderezo electrónico: taenartes@gmail.com
 
Ese mesmo día e durante toda a xornada, artistas da Mariña estarán facendo retratos a quen se achegue ao Cenima.