Kickboxing
Foz acollerá un Sparring Day de kickboxing, que se celebrará no Campo da Cabana o día 17 de maio, sábado, en xornada de mañá. Está organizado polo club Foz Contact Ari coa colaboración do Concello focego.
Este evento foi presentado polo alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández; e a presidenta do club Foz Contact Ari, Vanesa Ares.
O edil delegado de Deportes anima a “achegarse polo Campo da Cabana para desfrutar dunha xornada de sparring, xa que será un espectáculo por celebrarse ó aire libre e nunha fermosa contorna. Dende o Concello de Foz queremos agradecer a Vanesa Ares a súa implicación por dar a coñecer este deporte, que está tendo boa acollida”.
O Concello de Foz anuncia que “a concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, e Vanesa Ares, alma do Foz Contact Ari, presentaron a V Arenka Fight Night. Unha nova velada de kickboxing que se celebrará no pavillón de Marzán o vindeiro sábado, 9 de novembro, a partir das 19:30 horas. Os nosos loitadores e loitadoras subiranse ao ring coa máxima das ilusións para enfrontarse a representantes da costa sur galega. Non perdas a oportunidade de gozar do deporte de contacto en Foz”.
O pavillón polideportivo focense Torques, de Marzán, acollerá unha velada de kickboxing o día 20 deste mes, sábado, a partir das 20:30 horas. Este evento foi presentado cun acto no que participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.
A Delegación de Xuventude do Concello focense explica que “na Semana Santa do ano 2018 fixemos a primeira toma de contacto con este deporte, que nos deixou moi satisfeitos e este ano repetimos con melloras e xente local. Despois do éxito da primeira velada, Vanessa Ares, impulsora da mesma creou o club Foz Contact Ari, do que tamén é adestradora, para que todas aquelas persoas que lles gustara o boxeo ou o kickboxing puidesen aprender e practicalo. En menos de 8 meses xa son unha vintena, desde os 8 ata os 53 anos. O primeiro club de kickboxing presidido por unha muller conta con xente de Foz, Mondoñedo,...
leer más