A Ponte de Arante
A Romaxe das Cruces en A Ponte de Arante, no municipio de Ribadeo, celebrarase esta fin de semana, o sábado 23 e o domingo 24 de maio. Anúnciao o Concello ribadense: “esta fin de semana volve unha das celebracións máis singulares e espectaculares de Ribadeo, a Romaxe das Cruces de A Ponte (Arante), Festa de Interese Turístico Galego”.
As actividades comezarán o sábado ás 19:00 horas coa inauguración da exposición titulada Un segredo por descubrir. Ás 20:00 horas serán o pregón a cargo de Carmen Rodríguez Cancelo (directora da Coral Polifónica de Ribadeo) e a continuación haberá un concerto de As Zanfoneiras de Narón.
O domingo a partir das 12:00 horas será a Bendición dos Campos, procesión, Bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. Ás 14 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Dinastía e ás 15:00...
leer másOs días 7 e 8 de xuño celebrarase a festa das Cruces en A Ponte de Arante (Ribadeo), que é de interese turístico galego.
O sábado día 7 terá lugar o pregón a cargo do reitor da USC, Antonio López Díaz. E a continuación Emilio Rúa ofrecerá un concerto.
Xa o domingo 8 ás 12:00 horas será a Bendición dos Campos, Procesión, Bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. Amenizará o acto o cuarteto Illa Pancha, a continuación haberá misa solemne e ás 14:00 horas sesión vermú co grupo D'Cano. Ás 15:00 horas dará comezo a V Comida Romaxe das Cruces, que será servida por catering Pulpería Suso. As persoas interesadas en asistir poden facer as reservas de tíckets nos seguintes números de teléfonos: 636 87 49 51 (Javier) ou 639 93 35 12 (Suso) . O prezo para os adultos será de 30 euros. E para os menores de 10 anos será gratis....
leer más




