defensa personal
O Concello de Viveiro impartirá o vindeiro 25 de setembro un curso de defensa persoal feminina na Casa do Forno, en Celeiro, unha actividade “orientada a proporcionar ás participantes ferramentas e protocolos de actuación ante diferentes situacións de violencia de xénero”.
A iniciativa desenvolverase no marco do Acordo de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
O curso terá lugar en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 14:00 a 20:00 horas e será impartido por persoal especialista en defensa persoal.
O Concello de Viveiro tamén explica que “a formación combinará o adestramento físico e psíquico co obxectivo de...
leer más



