Festas da Peregrina

04/09/2026

Os días 5, 6 e 12 de setembro celébranse na parroquia focega de Cordido as Festas da Peregrina.

As actividades comezarán este sábado, 5 de setembro, ás 13:00 horas con misa solemne cantada poro coro parroquial Virxe da Peregrina, seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada pola orquestra Acordes, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Delux.

O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro parroquial Virxe da Peregrina, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Alianza, que tamén amenizará a verbena.

E o sábado 12 ás 20:00 horas comezará unha sardiñada amenizada pola Disco Móvil Pataquiña.