Teatro para nen@s o 29 de outubro no Pastor Díaz en Viveiro. Galitoon representará "Güela Güela".

Teatro para nen@s o 29 de outubro no Pastor Díaz en Viveiro. Galitoon representará "Güela Güela".
 
A compañía Galitoon presenta o espectáculo Güela Güela dirixida ao público infantil con idades entre 2 e 6 anos. Será o 29 de outubro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
 
Dirixida por Chisco Casteleiro que tamén é o autor, é o único espectáculo dunha compañía galega no Museo Nacional del Prado, baseada na obra Concierto de Aves de Frans Snyders á solicitude do propio Museo para a súa representación durante o 2015 e 2016 no marco das actividades dirixidas ao público familiar e infantil.
 
A historia conta que desde sempre a misión das cegoñas foi a de levar os bebés aos brazos dos seus pais voando en grupos ou bandadas. Pero un día as cegoñas esqueceron un bebé moi peculiar e aí comeza unha aventura cargada de diversión, humor e música que realza a importancia da amizade e a familia.