Trinta e un comercios asociados a Acisa Ribadeo participarán do 30 de outubro ao 1 de novembro na campaña "Prezos de morte".

Trinta e un comercios asociados a Acisa Ribadeo participarán do 30 de outubro ao 1 de novembro na campaña "Prezos de morte".
 
"Prezos de norte" así se denomina a nova campaña promocional de Acisa Ribadeo, que terá lugar do 30 de outubro ao 1 de novembro. “Na mesma participan 31 comercios asociados, que decorarán os seus locais e escaparates e proporanlles aos seus clientes descontos, sorteos, outlet… todo de morte”, explican desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo. A esta cita sumaranse tamén algúns locais hostaleiros. 
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explica que “o que pretendemos con esta acción é dinamizar a economía local e potenciar as compras durante esta ponte festiva na que Ribadeo volverá a recibir a moitos visitantes de proximidade, chegados doutros puntos da nosa comunidade e tamén da veciña Asturias. O 2 de novembro é festivo en Galicia, en Asturias, en Castela-León, en Extremadura e en Andalucía e ocasionará a chegada a viaxeiros a esta zona e agardamos que se note na hostalería e no comercio da nosa vila”.
Iriarte engade que “aproveitando o reclamo e o tirón que ten a festa do Samaín ou de Halloween, como se prefira, é por iso que realizamos esta campaña, que estará centrada nesta ocasión nas redes sociais. Iremos informando ao longo dos vindeiros días desde o facebook de Acisa Ribadeo”.