A orquestra da Escola de Música de Mondoñedo dará o seu concerto de presentación este venres, 1 de abril. A formación interpretará obras modernas e clásicas.

A orquestra da Escola de Música de Mondoñedo dará o seu concerto de presentación este venres, 1 de abril. A formación interpretará obras modernas e clásicas.
 
O concerto de presentación da orquestra da Escola de Música ‘O Pallarego’ de Mondoñedo celebrase este venres, 1 de abril, tal e como anuncia o edil de Educación, Alberto García, quen destaca a importancia deste proxecto que buscar ser un complemento na formación musical e persoal de cada alumno.
 
A nova formación musical, que leva por nome Pascual Veiga, interpretará ás 20:30 horas no auditorio da Escola de Música obras tanto modernas como clásicas. Ademais, entre o repertorio da orquestra figuran pezas propostas polos propios alumnos (temas de películas, folk, clásicos...), o que motiva a implicación dos nenos.
 
O director da Escola de Música, Xan Carballal, engade tamén que este proxecto orquestral axuda a desenvolver as habilidades sociais, cognitivas e emocionais dos alumnos a través da música “dun xeito lúdico e divertido. Os nenos aprenden a traballar en grupo, exercitando a responsabilidade da preparación individual, a súa disciplina, comprensión musical...” así como a empatía, solidariedade e cooperación cos compañeiros.
 
Por último, dende o Goberno local tamén agradeceron a colaboración dos pais e o seu apoio neste proxecto, que permitiu crear unha agrupación formada por instrumentos de corda fretada e vento madeira, comúns nunha orquestra de cámara clásica.