Ciclismo
O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Deputado de Deportes, PabloRivera Capón, e a Concelleira de Cultura do Concello de Lugo, CarmenBasadre,presentaron a 5ª Edición do Desafío Volta a Lugo, unha carreira cicloturista por etapas de carácter non competitivo, que percorrerá 12 concellos da provincia durante os días 17, 18 e 19 de maio. No acto estiveron acompañados de José María Seijas, presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, organizadores da proba, e do exciclista Ezequiel Mosquera, que participará na segunda e terceira etapas.
Fernández Quipo explicou “172 corredores de toda España participarán durante a fin de semana nun percorrido no que descubrirán todo o que a Provincia ofrece, desde as montañas da Fonsagrada ata o interior da Mariña, ou a Terra Chá. Unha cita clave para dar a coñecer...
leer más






