Cine
O Concello do Valadouro organiza para este fin de semana actividades de cine e música, dentro do seu programa Cultura na Rúa.
Este sábado, 22 de agosto, ás 21:00 horas na Praza de Santa María, ofrecerá un concerto o grupo de acordeonistas da Mariña.
Tamén mañá, sábado, ás 22:30 horas na Praza de Santa María, dentro do ciclo Valadouro Cine de Verán, proxectarase a película Padre no hay más que uno.
A Deputación de Lugo colabora na organización destas actividades.
Todos os eventos organizados polo Concello do Valadouro cumprirán coas medidas e recomendacións de seguridade e saúde establecidas por mor da pandemia do Covid-19.
O salón de actos do Cenima de Foz acollerá a proxección da curtametraxe Matria e unha charla coloquio co seu director, Álvaro Gago, e coa muller focense Palmira Fernández, quen falará da súa experiencia vital. Será o vindeiro luns, día 24, ás 20:30 horas con entrada libre. Esta actividade está organizada polo Concello de Foz coa colaboración do Pacto de Estado contra la violencia de género.
A concelleira de Muller e Igualdade, Milagros Louzán, anunciou que “este luns, día 24 de agosto, no salón de actos do Cenima de Foz ás oito e media da tarde proxectaremos a curtametraxe Matria, dirixida por Álvaro Gago, e contaremos con el durante a proxección e presentará a película. Esta curtametraxe foi premiada en varios festivais nacionais e internacionais e estivo nominada aos premios Goya do ano 2019”.
Milagros Louzán...
leer másCARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 27 DE AGOSTO
VIERNES 21, SÁBADO 22 Y DOMINGO 23
-“Padre no hay más que uno 2” – 19:30 y 22:30 horas
-“Un plan irresistible” – 19:00 y 22:00 horas
-“El jardín secreto” – 18:30 horas
-“La caza” – 21:30 horas
LUNES 24 Y MARTES 25
-“Padre no hay más que uno 2” – 22:00 horas
-“Un plan irresistible” – 21:30 horas
-“El jardín secreto” – 21:00 horas
JUEVES 27
-“Tenet” – 19:00, 21:00 y 22.30 horas
-“Un plan irresistible” – 18:30horas
-“Los nuevos mutantes” – 19:45 y 22:00 horas
O Ciclo de Cine de Verán do Concello de Burela continúa coa súa programación proxectando en pantalla xigante a película animada Mascotas 2. “Aínda que estaba prevista para mañá, debido ao mal tempo que hai anunciado, decidimos aprazala para o xoves, á mesma hora e no mesmo lugar”, explica o concelleiro de Cultura, José Díaz. A proxección de Mascotas 2 será o xoves, 20 de agosto, ás 22:30 horas na Praza da Mariña.
A segunda parte da película Mascotasvolve traer as trepidantes aventuras de Max, que se enfrontará nesta ocasión a importantes cambios na súa vida, como o matrimonio e a maternidade da súa dona. Max terá que aprender a dominar os seus medos grazas a axuda de Rooster, un can granxeiro que coñece nun viaxe familiar ao campo. Os amigos de Max tamén terán as súas propias andanzas. Gidget tratará de recuperar o xoguete favorito de Max...
leer másO Concello de Barreiros pon en marcha unha variada oferta de actividades, dirixidas a todas as idades, e que se desenvolverán durante os meses de agosto e setembro.
Baixo o título de Barreiros Convídate, a programación ofrecerá este sábado, 15 de agosto, dentro do VII Festival Bal y Gay, a actuación do Quinteto Invento que presentará Pedro e o lobo ás 12:00 horas na praza do Concello.
O domingo 16 ás 13:30 horas na Praza do Souto, en San Miguel, haberá unha actuación de DK Band. O sábado 22 ás 20:30 horas en Celeiro de Mariñaos actuará Tumba e Dalle; o domingo 23 ás 20:30 horas, en San Bartolo, ofrecerá un concerto a Banda de Música de Foz; e o luns 24 ás 19:30 horas na Praza do Concello Charo Pita presentará A familia papaventos.
O 26 de agosto ás 22:00 horas, en San Xusto, haberá unha...
leer másCARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 20 DE AGOSTO
VIERNES 14, SÁBADO 15 Y DOMINGO 16
-“Padre no hay más que uno 2” - 19:30, 21:30 y 22:30 horas
-“¡Scooby!” – 18:30 horas
-“Zapatos rojos y los siete trolls” - 19:00 horas
-“La caza” – 22:00 horas
LUNES 17 Y MARTES 18
-“Padre no hay más que uno 2” - 22:00 horas
-“Zapatos rojos y los siete trolls” - 21:00 horas
-“La caza” – 21:30 horas
JUEVES 20
-“Padre no hay más que uno 2” - 19:30, 21:30 y 22:30 horas
-“¡Scooby!” – 18:30 horas
-“Zapatos rojos y los siete trolls” - 19:00 horas
-“La caza” – 22:00 horas
O Concello de Trabada organiza unha programación cultural para a semana das festas patronais, que este ano non se celebrarán por razóns de saúde pública.
Todas as actividades terán lugar na Praza do Concello e a programación, dirixida a todos os públicos, da comezo este mércores, 12 de agosto, con Cine na Rúa. Proxectarase A galiña turuleca, ás 22:00 horas. Pero hoxe, por razóns climatolóxicas, esta sesión de cine trasladarase ao pabellón polideportivo municipal.
O xoves 13 ás 13:00 horas presentarase o espectáculo As parábolas de Pakolas. O venres 14 Compañía 10 ofrecerá Contiguo Novo Circo ás 19:30 horas; e proxectarase a película Grease ás 22:00 horas.
O sábado 15 no Festival Bal y Gay, o Quintento InVento presentará Pedro y el Lobo ás 20:00 horas; e haberá outra sesión de Cine na Rúa...
leer másO Concello de Foz programa dez actividades de Cultura na Rúa desde hoxe, martes, ata este domingo, día 16.
Hoxe ás 21:00 horas no Colexio Nº1 haberá teatro infantil coa compañía Producións Teatrais Excéntricas que ofrecerá a obra Cartoons. E a proxección de cine ao aire libre que estaba programada para esta noite na pista polideportiva da parroquia de San Martiño aprazouse para o vindeiro martes, día 18, debido ás choivas.
Mañá, mércores, ás 21:00 horas no Colexio Nº 1 terá lugar outra representación de teatro infantil. Neste caso será Caramuxo Teatro coa obra Pavillón Lino.
O xoves, día 13, haberá autocine no aparcadoiro Valle Inclán ás 22:30 horas. Proxectarase a película María Solinha.
Para o venres 14 están programadas dúas actividades: un concerto de música...
leer másO Concello de Foz programa 16 actuacións de Cultura na rúa desde este venres ata o luns, día de San Lourenzo, que é festivo local.
Este venres, día 7, na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas actuará o DJ Poppy García. Ás 21:00 horas na praza Conde de Fontao haberá un concerto do coro Tempus Fugit, de Viveiro. E ás 22:30 horas proxectarase a película Superlópez na parroquia de Cangas, concretamente na pista da festa.
O sábado 8 o grupo Muddy Doll actuará na praia da Rapadoira ás 13:00 horas e na praza Conde de Fontao ás 21:30 horas. E o DJ Poppy García estará na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas.
O domingo, día 9, haberá dous concertos do grupo Música de sofá: ás 13:00 horas na praia da Rapadoira e ás 21:30 na praza Conde de Fontao. E ás 20:00 horas actuará a Banda de...
leer másBurela programa para agosto teatro e cine ao aire libre. O cine será os días 5 e 19 e o teatro o 28.
A Concellería de Cultura programa para este mes de agosto dúas sesións de cine ao aire libre e tamén teatro na rúa. A primeira película que se proxectará será Dumbo este mércores, 5 de agosto, ás 22:30 horas na praza do Concello.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “comenzamos el mes de agosto con la celebración de AMARTE, este fin de semana. El balance fue muy satisfactorio, con el puerto creciendo en vistosidad y en arte, convirtiendo ese muro portuario en un museo al aire libre”.
O edil anunciou que “vamos a tener el próximo miércoles, día 5, sobre las diez y cuarto de la noche, dependiendo de cuando oscurezca, en la praza do Concello cine al aire libre. Vamos a proyectar Dumbo del año 2019, es un remake de la película clásica. Tendremos todas las medidas de seguridad, pedimos a la gente que acuda con...
leer más