Debuxos
Este mércores, 2 de setembro, inaugurouse na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, en Lugo, o proxecto expositivo titulado 500 mulleres na arte, da artista e investigadora Concha Mayordomo. A mostra reúne medio milleiro de debuxos de artistas, teóricas, mecenas e xestoras vinculadas ao mundo da arte de España, Portugal e países americanos de fala hispana e lusófona de distintas etapas históricas, desde o Barroco ata a contemporaneidade. Os debuxos, primeiros planos feitos a lapis a partir de retratos pictóricos ou fotográficos, preséntase con cadanseu código QR con acceso a reseñas biográficas das protagonistas. Nove deles estarán no Museo do Mar, de San Cibrao (Cervo), ata o día 30 de outubro.
A Vicepresidencia da Deputación explica que “o proxecto, que combina creación plástica e investigación, constitúe unha achega...
leer másO Complexo Regalxunqueira, de Viveiro, acolle ata o vindeiro 1 de xuño, a exposición Joaquín Sabina. Garabatos e Cancións.
Garabatos é un caderno que reúne decenas de debuxos, pinturas e bosquexos realizados polo artista durante as súas xiras e na súa intimidade. Consta de dous volumes de gran formato. O primeiro recolle 66 debuxos que se expoñen en Regalxunqueira. Son facsimilares acompañados de versos manuscritos de Sabina, e un despregable con 74 retratos. Moitas imaxes están inspiradas por mulleres, varias con toques eróticos, ou polas andanzas nocturnas do autor. O segundo volume repasa o universo creativo de Sabina a través da mirada de grandes autores e personalidades do mundo da arte, como o director artístico do Museo Thyssen de Madrid, Guillermo Solaina. Trátase dun traballo completamente artesanal, que tardou dous anos en...
leer másA asociación A Concordia, de Ribadeo, organiza unha exposición antolóxica dos debuxos e gravados de Amando Suárez Couto (1894-1981), que foi destacado artista e animador cultural ribadense do século XX.
Amando Suárez Couto, entre outras actividades nas que colaborou sempre desinteresadamente, foi fundador do fútbol ribadense en 1913, e da Biblioteca Popular Circulante en 1927. Nos anos vinte colaborou no movemento galeguista con debuxos en La Comarca, Ronsel e Céltiga. En 1933 en Madrid fai os gravados para o Ribadeo Antiguo, de Francisco Lanza, dos que unha parte se amosan na exposición. De volta a Ribadeo exerce como profesor no Colexio Santo Tomás de Aquino. Co seu irmán Carlos nos anos corenta impulsan a Xira de Santa Cruz e nos anos sesenta fundan o grupo de gaiteiras Saudade. Colabora con Carlos Álvarez Fernández Cid na fundación da...
leer másJuan Manuel Ponte Juanel presenta unha exposición de debuxos no Cenima de Foz.
A mostra está composta por unha serie de 25 obras realizadas a carboncillo e lápices de cores. A temática elixida polo artista ribadense, afincado en Foz, son paisaxes galegos e instantáneas do Foz antigo, moitas delas relacionadas co mar.
A exposición pode visitarse ata o día 30 de xullo en horario de 19:30 a 22:00.






