Expomar
O salón de plenos do Concello acolleu a presentación da XVIII Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar 2019. No acto interviñeron o xerente, José Manuel González, o alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Tamén asistiron representantes de Absa e da confraría de pescadores de Burela, entre outros.
Llano subliñou que “este ano imos ter unha singularidade este ano como é a celebración do Consello Galego de Pesca, que é a primeira vez que sae de Santiago de Compostela. Polo tanto cremos que é unha oportunidade interesante que fagan en Burela a súa sesión plenaria, que saquen conclusións e que as dean a coñecer no mesmo recinto feiral”.
O rexedor e presidente da Fundación Expomar engadiu que “temos todo preparado na nave de redes...
leer másA XVII edición da Feira Expomar que terá lugar en Burela entre os días 25 ao 28 deste mes, acollerá máis de 300 firmas do sector nos case 200 stands do recinto feiral. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, subliña a elevada demanda dos profesionais para estar presentes nesta feira náutico pesqueira, que foi presentada este mediodía no barco museo Reina del Carmen.
O rexedor salientou que “vimos de facer esta presentación en Burela no barco-museo Reina do Carmen que se dedicou moito tempo ao bonito e polo tanto nada mellor que facelo aí”.
O alcalde burelés destacou que “está todo o recinto da feira ocupado, non soamente dentro senón que ademais vanse facer actos fora derivado da demanda que hai este ano de formar parte da feira exposición náutico pesqueira aquí en Burela. Consideramos que é...
leer másO alcalde, Alfredo Llano, asegura que xa está pechado o programa e todo o que ten que ver coa Feira Náutico Pesqueira Expomar, que terá lugar do 25 ao 28 de maio. Haberá dúas presentacións do evento, unha o día 12 en Santiago e outra o 16 en Burela. O tamén presidente da Fundación Expomar anuncia como novidade que se renderá homenaxe ao Servizo de Busca e Salvamento Marítimo. Será nun acto que se celebrará o día 27 ás 12 do mediodía no recinto feiral.
Llano contou que “onte tivemos a que presumimos que foi a última reunión da comisión organizadora de Expomar 2017 porque xa cerramos todo o programa e está todo o recinto ocupado na nave de redes situada no porto de Burela, está a tope e incluso houbo algunha firma comercial que tivo que quedar fóra por falta de espazo. Isto quere dicir que se está recuperando un pouco o sector náutico...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4