Heitor Picallo
Ribadeo acollerá este sábado, día 14 de marzo, a conferencia titulada As raíñas de Galiza: Urraca, a emperatriz de todos os galegos, a cargo de Heitor Picallo Fontes. Será Casa do Viejo Pancho ás 19:00 horas.
Esta charla está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que anuncia: “Heitor Picallo, que publicou varios estudos sobre as raíñas de Galiza, achégase até Ribadeo para falarnos de Urraca, a emperatriz de todos os galegos e galegas. Na ACFL xa sabemos do bo facer de Heitor Picallo, pois temos visto a súa valía como ilustrador nas presentacións que realizou Xosé Henrique Costas das súas novelas (Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino) e que tan gratas lembranzas deixou. Pero nesta ocasión imos escoitar ao Heitor Picallo historiador. Imos coñecer novos datos sobre ese reino de Galiza que...
leer más



