Igualdade

Etiquetas:
10/04/2015
En Ribadeo volven os "Domingos a pé". O 19 de abril as participantes realizarán un percorrido pola costa de Foz.
 
A Concellaría de Igualdade ten aberto o prazo para anotarse nos Domingos a pé. A primeira saída deste ano, organizada polo CIM, terá lugar o vindeiro 19 de abril. 
Mariluz Álvarez Lastra dixo que “xa son nove anos os que levamos organizando actividades para promover unha saúde integral das mulleres e fomentar un tempo libre, un espazo de ocio para todas elas”.
A edil nacionalista subliñou que “realizaremos un percorrido pola costa de Foz, por paraxes costeiras que están ao noso carón, pero que moitas veces ignoramos”. A saída terá lugar ás 11:15 da mañá desde a estación do tren de Ribadeo “para pasar unha xornada de ocio entre...
leer más
24/11/2014
Ribadeo acollerá ata o 29 de novembro diversas actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

Do 16 ao 29 de novembro celebraranse en Ribadeo diversos actos para conmemorar o día internacional da loita contra a violencia de xénero. Haberá teatro nos escaparates de catro comercios, conferencias e dúas performance. As actividades foron presentadas esta tarde nunha rolda de prensa que se celebrou no salón de plenos do Concello.

A programación, organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo, conta coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo e coa participación dos centros de ensino da vila, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa), co Grupo de...

leer más