Libros

Etiquetas:
23/06/2015
A II Feira do Libro de Ribadeo, organizada polo Concello, terá lugar do 3 ao 5 de xullo no parque de San Francisco.
 
Do 3 ao 5 de xullo terá lugar no parque de San Francisco a segunda edición da feira do libro de Ribadeo, recuperada o ano pasado. O evento no que haberá diferentes actividades para nen@s e adultos foi presentado esta tarde na Biblioteca Municipal polos concelleiros Mariluz Álvarez Lastra e Farruco Graña e polas librarías ribadenses participantes. 
As nove casetas de feira do libro abrirán en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 22 horas. A inauguración está prevista para o 3 de xullo ás 20 horas. O pregón será pronunciado polo escritor ribadense Xavier Rodríguez Baixeras, que ao día seguinte realizará un percorrido poético pola vila a partir das doce do mediodía. A continuación do pregón haberá unha actuación musical a cargo do alumnado da Escola...
leer más
29/04/2015
No Pazo de San Marcos presentáronse as catro feiras do libro que se celebrarán nos vindeiros meses na provincia: Lugo, Viveiro, Foz e Monforte.
 
O responsable de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, participou esta mañá na presentación das Feiras do Libro que se desenvolverán neste 2015 na provincia de Lugo. No acto, que se celebrou no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, tamén estivo presente a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez Álvarez, colectivo que se encarga de organizar estas feiras.
Mario Outeiro salientou que un ano máis, “a Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora coa Federación de Librarías de Galicia para organizar catro feiras do libro na provincia de Lugo, sendo a primeira a da capital, que se desenvolverá no mes de maio, e posteriormente as de Viveiro, Foz e Monforte, que se celebrarán as tres consecutivamente no mes de agosto”, apuntou...
leer más
Etiquetas:
07/04/2015
O Concello de Burela conmemora o día internacional do libro infantil cunha mostra que se pode visitar ata finais de abril na Biblioteca Pública da localidade.
 
Ata finais de mes pódese visitar na Biblioteca Pública de Burela unha pequena mostra bibliográfica “para promocionar os libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Na mesma poderán disfrutar dos títulos máis representativos do ano 2014, para nen@s e rapaces”, segundo explica a concelleira de Educación, Mónica Pedre.
A edil popular manifestou que “o pasado 2 de abril conmemorouse, tal e como se fai desde o ano 1967, o nacemento de Hans Chistian Andersen. A IBBY declarou esa data coma o Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. E deste Burela queremos...
leer más