Maratón
O Concello de Alfoz organiza o 2º Maratón de Pintura ao Aire Libre que se celebrará o domingo 30 de xullo.
As bases recollen que poden participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra senior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, e os participantes deberán aportar o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.
O maratón...
leer másA IV Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 16 de setembro ás 17:30 horas. Serán os corredores os que decidan a través dunha enquisa en facebook o sentido da carreira, Ribadeo-As Catedrais ou As Catedrais-Ribadeo, segundo deron a coñecer este mediodía no Concello o edil de Deportes, David Rivas, o alcalde, Fernando Suárez, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
O concelleiro de Deportes explicou que “o 16 de setembro ás cinco e media da tarde sairá a cuarta edición da media maratón Ribadeo-As Catedrais, unha proba que vai medrando ano tras ano en participación e que está converténdose nunha cita fixa para moitas persoas afeccionadas ao deporte do atletismo”.
David Rivas subliñou que “este ano, para seguir medrando organizativamente e despois de escoitar moitas opinións de sectores da poboación...
leer más