Mariñarte
Ribadeo acollerá este venres, 10 de agosto, o concerto que ofrecerán A Gramola e Calabash. Será no Cine Teatro ás 20:30 horas. E o sábado inaugúrase no Forte de San Damián unha nova edición de Mariñarte na que as protagonistas serán as Conversas entre Cristina Basanta e Lucía Vila.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, dixo que “o verán vi avanzando e con el se van desenvolvendo as distintas actividades que organizamos ou axudamos a organizar desde a Concellería de Cultura do Concello de Ribadeo. Aínda quedan un par de días para poder visitar a exposición de Cris Andina no Forte de San Damián”.
O edil nacionalista salientou que “este venres poderemos escoitar a A Gramola e Calabash, que reaparecen nun concerto conxunto. Será ás oito e media da tarde no Teatro de Ribadeo e a entrada será gratuíta. Vai haber en...
leer más