Viveiro
O vindeiro sábado, 18 de marzo, chega a Viveiro “Baile de huesos”, a cargo de Teatro Andanzas. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Trátase dunha comedia dramática e tenra á vez que apela á emoción e á esperanza e cuxo obxecto final é unha invitación á reflexión sobre os valores da nosa existencia. É a historia de catro personaxes que viven de costas aos seus soños e á súa realidade, esmagados por unha montaña de frustracións, detidos nun espazo-tempo baleiro e que esperan a chegada da morte, mentres discuten nunha situación inevitable como persoas que desexan vivir...ou que desexan morrer. Cando chega a morte, resulta ser unha personaxe ao que a encanta a vida, é moi diferente ao que supoñemos e resulta ser afable e cordial e ata un pouco descoidado. Nesta obra e na vida a morte sabe falar pero tamén sabe escoitar para poder...
leer másO salón multiusos do Concello de Viveiro acolleu a presentación da exposición fotográfica “Eu Muller, ti cómplice, elas loitadoras” organizada por Aspanane e enmarcada dentro do programa das celebración por mor do #DíaInternacionaldaMuller.
A exposición itinerante pretende concienciar e sensibilizar á poboación sobre a reivindicación de dereitos que realizan no seu día a día as mulleres con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento para lograr participar e incluírse na sociedade, ao tempo que conseguen que máis persoas sexan cómplices nesta procura da plena igualdade e cidadanía.
O acto inaugural, dirixido por usuarias do Centro Ocupacional de Aspanane, contou coa presenza da alcaldesa de #Viveiro, María Loureiro, xunto á secretaria xeral da Consellería de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.
... leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 12 DE MARZO
VIERNES 10
-Scream VI – 21:00 horas
-Creed III – 21:00 horas
-Los Fabelman – 21:00 horas
SÁBADO 11
-Momias – 19:30 horas
-Creed III – 22:00 horas
-Scream VI – 19:15 y 22:00 horas
-10 de marzo – 20:00 horas
-Los Fabelman – 22:00 horas
DOMINGO 12
-Momias – 17:30 horas
-Creed III – 20:30 horas
-Scream VI – 17:30 y 20:30 horas
-As Bestas – 17:30 horas
-Los Fabelman – 20:30 horas
Desde o CCH explican que “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 600€ para gastar no comercio local nun só dia. Isto sí que é felicidade, ter 600€ e gastalos despreocupadamente nun dia! O dia para gastar o premio será no mes de marzo ou abril, a acordar co gañador, que terá mañá e tarde en horario comercial para gastar a totalidade do premio. Poderá gastalo tanto en comercios, como en servizos profesionais ou en Hostalaría”.
E seguen a relatar que “os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€. Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o venres 10 de...
leer másCulturactiva e “As alumnas” chegan o 11 de marzo ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. Será ás 20:30 horas.
As Alumnas é un espectáculo dirixido por Fina Calleja, con texto de Paula Carballeira, e con Anabell Gago e Mónica Camaño no elenco. Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.
Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito...
leer másO Concello de Viveiro propón un amplo programa de actividades para impulsar a igualdade real con motivo da celebración do #8M, Día Internacional da Muller.
A primeira cita foi domingo, día 5. O Teatro Pastor Díaz acolleu a actuación de Margarida Mariño - Cellist que serviu para pechar o ciclo de Concertos “Con Voz de Muller 8-M”, que por segundo ano organizou a Deputación de Lugo.
O mércores día 8 o Concello de #Viveiro súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Muller apoiando á Manifestación que percorrerá as rúas de Ribadeo dende as 20:00 horas e facilitando autobuses para toda a veciñanza interesada en acudir.
“Reafirmamos o noso compromiso nunha loita pola igualdade entre homes e mulleres á que lle quedan aínda moitos pasos por dar. O obxectivo e o deber das institucións é...
leer másO Concello de Viveiro acolleu o acto de presentación do cartel da Semana Santa 2023 e do programa Adral, antesala da celebración relixiosa que reúne diferentes concertos, exposicións e conferencias.
“É emocionante pensar que xa queda tan pouco para vivir nas rúas de Viveiro o sentimento que acompaña sempre á nosa Semana Santa”, subliñou no acto a alcaldesa, María Loureiro.
“Quero animar a todos os cofrades e colaboradores da Semana Santa a retomar un ano máis a tradición máis antiga que ten Viveiro, arrimando todos o ombreiro para seguir consolidando esta celebración”, afirmou a rexedora.
“Para vivir de novo con todas as súas tradicións a Semana Santa de Viveiro, a Xunta de Cofradías traballa desde hai meses de forma incansable, polo que nunca lles estaremos o suficientemente agradecidos...
leer másLas obras que presenta Manuela Fernández para esta exposición son la muestra de sus últimos trabajos de pintura en acrílico y óleo sobre tela, realizados entre 2021 y 2022.
La intensidad de su trabajo es manifiesta, su trazo y su pincelada libre se mueven con soltura y desenfreno. Su pintura está impregnada de matices de color y de fuerzas complementarias que se recrean en formas y volúmenes revelando siluetas y figuraciones que surgen de sus lienzos.
Su estilo está en el expresionismo abstracto y también el geometrismo, pero es el color el sujeto predominante, el que rige todo su trabajo artístico. El color es el motor central que libera su creatividad y él que domina toda la composición.
Dentro de sus distintas series aparece recurrentemente la figura humana como tema central y en...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 5 DE MARZO
VIERNES 3
-Creed III – 21:00 horas
-As Bestas – 21:00 horas
-Ant-Man y la avispa: Quantumanía – 21:00 horas
-Terrifier 2 – 23:15 horas
SÁBADO 4
-Creed III – 18:00 y 21:30 horas
-Momias – 18:30 y 20:30 horas
-Ant-Man y la avispa: Quantumanía – 22:30 horas
-Bienvenido Mr.Bansky – 19:15 horas
-Terrifier 2 – 21:30 horas
DOMINGO 5
-Creed III – 17:30 y 20:00 horas
-Momias – 17:30 horas
-Ant-Man y la avispa: Quantumanía – 20:45 horas
-Bienvenido Mr.Bansky – 17:30 horas
-As Bestas – 20:00 horas
-Terrifier 2 – 23:30 horas
Desde o CCH explican que “dende o xoves día 2 ata o sábado 4 de Marzo serán preto de 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70 ou 75% en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos. A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes”.
E indican que “participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, librerías e ópticas. Para aproveitar estas oportunidades esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana,...
leer más