A oficina de información turística de Alfoz abrirá a partir do 4 de xuño, en horario de mañá e tarde, os venres, sábados e domingos.

O Concello de Alfoz comunica os cambios no horario de apertura da Oficina de Información Turística, situada no Castelo de Castro de Ouro.

A partir deste venres, 4 de xuño, abrirá de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas os venres, sábados e domingos.

O teléfono é 982 558 578 e a dirección de correo electrónico turismo@concellodealfoz.com