A Oficina de Información Turística de Alfoz ten novos horarios ata o 26 de setembro. Logo pechará ata o 30 de outubro.

A Oficina de Información Turística do Concello de Alfoz, situada no Castelo de Castro de Ouro, abrirá como ata o de agora de martes a domingo (de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas) ata o 19 de setembro, domingo.  No mesmo horario abrirá os días 25 e 26 deste mes, sábado e domingo.

Desde o 27 de setembro ata o 30 de outubro permanecerá pechada ao público.