Dúas exposicións se poderán visitar en Viveiro do 1 ao 8 de agosto: A Memoria do Son e O Camiño de Santiago en Burgos.

O próximo luns,1 de agosto, serán inauguradas as exposicións “A Memoria do Son. Réplica dos instrumentos do Pórtico da Gloria a Catedral de Santiago de Compostela”. 

Os sons poderanse escoitar a través de códigos QR. E tamén a exposición "O Camiño de Santiago en Burgos". Ao mesmo tempo farase a presentación das Carpetas de Indumentaria Tradicional, unha actividade adicional nesta XLII Mostra Folklórica Internacional. 

As exposicións estarán abertas ao publico dende o 1 ó 8 de agosto na sala de exposicións do Concello de Viveiro / Biblioteca Municipal.