Óscar Górriz presenta en Foz o seu libro “Bóveda, a memoria no lugar”, este xoves, 15 de maio

Este xoves, día 15 de maio, ás 20:30 horas na Librería Bahía, de Foz, celebrarán o Día das Letras Galegas coa presentación do libro titulado Bóveda, a memoria no lugar, a cargo do seu autor, Óscar Górriz.

“Trátase dun libro de recollida etnográfica e musical con textos e fotografía. Teremos música de pandeireta completando a presentación”, explica Librería Bahía, que ademais anuncia: “o venres día 16 de maio haberá un 10% de desconto en todos os libros escritos en galego, para celebrar as nosas letras e promover a compra de libros en galego”.