
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Tui e a Valença (Portugal) para este sábado, día 7 de xuño.
As actividades programadas son visitas á catedral e ao casco antigo de Tui e tamén á fortaleza de Valença. Os participantes xantarán en Tui.
A saída será ás 8 da mañá desde a estación de autobuses de Viveiro.
O prezo para os soci@s do Seminario de Estudos Terra de Viveiro será de 40 euros, mentres que as persoas que non pertencen ao colectivo deberán pagar 45 euros.