Mondoñedo acolle unha actividade de formación a coidadores o 26 de xuño

O xoves 26 de xuño ás 12 horas terá lugar na sala de conferencias do Pazo Santomé a primeira sesión da formación a coidadores, impulsada polo Centro de Saúde de Mondoñedo xunto á Consellería de Sanidade e que conta co apoio do Concello de Mondoñedo.

Sara Val Vázquez (enfermeira do Centro de Saúde de Mondoñedo) será a encargada de impartir esta formación aberta a todas as persoas que queiran asistir. O taller de formación para o coidador/-a principal achegará información sobre aspectos deste eido como son: autocoidado, hixiene, incontinencias e prevención de úlceras.

O Concello de Mondoñedo explica que Sara Val “na súa intervención  estará acompañada por membros facultativos do Centro de Saúde de Mondoñedo. Esta é unha gran oportunidade para poder coñecer, de primeira man, as problemáticas dos coidadores/-as e aqueles aspectos a ter en conta para un desenrolo axeitado e seguro da súa labor, evitando con iso problemáticas moi comúns a estas persoas”.

O Centro de Saúde e o Concello de Mondoñedo convidan “ás persoas interesadas neste tema a que asistan a esta importante actividade formativa impartida por esta gran profesional da saúde”.