Ribadeo acolle este domingo, 22 de xuño, a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo

A ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 22 de xuño, a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación.

A proba, organizada polo CP Altruán, reunirá 163 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio
Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.

O deputado de Mocidade, Daniel García, achegouse a Ribadeo para presentar este evento deportivo, que comezará as 15:30 horas coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil, que tomarán a saída á mesma hora.