
A parroquia de Covas, no concello de Viveiro, celebrará as festas na honra a San Xoán Bautista desde o luns 23 ata o xoves 26 de xuño.
As actividades comezarán o luns cunha verbena amenizada polas orquestras Los Españoles e Los Satélites. Ademais ás 12 da noite acenderase unha gran lumeirada.
O martes ás 11 horas haberá pasacalles a cargo da Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia, polo programa Tradigalu, da Deputación de Lugo; e a continuación haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto a Fania Blanco Show.
O mércores ás 11 horas haberá pasacalles do grupo Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 14 horas, sesión vermú coa orquestra Miramar; ás 20 horas, sardiñada no Campo da Pascua; e rematarán as actividades desta xornada coa verbena, na que actuará Miramar.
E o xoves 26 será o Día do Neno e haberá atraccións no campo da festa a prezos populares.