A Senra, en Cervo, celebra as festas da Virxe do Carme e San Pedro este sábado, 28 de xuño

O lugar da Senra, no concello de Cervo, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme e San Pedro este sábado, día 28 de xuño.

A cita foi presentada pola rexedora municipal, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; e por membros da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora.

A programación para o sábado 28 de xuño será a seguinte: haberá misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme ás 13:00 horas, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión con Fol do Raxal. A continuación o grupo Mar de Arousa amenizará a sesión vermú. Á noite haberá verbena co grupo Mar de Arousa e a Disco Móbil Conxuro a partir das 22:30 horas.

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar activamente nesta festa, que “ademais marca o punto de partida da tempada estival no municipio, como primeira festa patronal da tempada”.

A alcaldesa felicita á Asociación Cultural e Recreativa O Raxal por “todo o esforzo e ilusión que poñen na organización desta xornada que abre con alegría o ciclo de festas populares do noso verán, convertendo A Senra nun punto de encontro de veciños e visitantes nun ambiente familiar e acolledor”.