Saldoira, en A Pontenova, celebra as festas de San Pedro da Ribeira esta fin de semana, días 27 e 28 de xuño

Saldoira, no concello da Pontenova, celebra as festas na honra a San Pedro da Ribeira esta fin de semana, venres 27 e sábado 28 de xuño.

As actividades comezarán o venres ás 22:00 horas cunha churrascada, na que para participar hai que reservar e o prazo remata este mércores, 25 de xuño. A continuación haberá festa e verbena co grupo Montreal.

E o sábado celebrarase misa solemne ás 14:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Colimbo. Haberá merendas no campo da festa, que estará acondicionado con merendeiros. E pola noite a festa e verbena estará amenizada polo grupo La Rosa e o dúo Colimbo.