A asociación Os Sendeiros fará este sábado, 5 de xullo, unha ruta por igrexas do concello de Foz

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará este sábado, día 5 de xullo unha ruta por igrexas do municipio focego. A saída será ás 09:00 horas desde diante da Casa do Concello.

O prazo para anotarse remata este venres, 4 de xullo, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.